W W W. O U R E N X A D R E Z. N E T

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PRÓXIMOS  TORNEOS

* Cto. de España Sub-14 (Padrón do 13-7 ó 18-7)

* Cto. de España Sub-16 (Padrón do 20-7 ó 25-7)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 
 
 
[Contador de visitas a la página]
 
 

Campeonatos de España Individuais por idades - 2008

12 xóvenes ourensáns participan ó longo do mes de Xullo nos Ctos. de España por idades que se disputan na Coruñesa localidade de Padrón. Rematada a cat. S-10 coa participación de Gabriel Roma, Jacobo Freire e Adrián Gómez, así como a S-12 na que tomaron parte Martín Arellano, J.Ignacio Cabanelas e David Vázquez, estase a disputar a Cat. S-14 á que acudiron Sergio Blázquez, David Gómez e Samuel Cruz. A vindeira semana dará comenzo a cat. Sub-16

EN BREVE INFORMACIÓN COMPLETA E IMAXES

 

XXVIII Edición do Aberto Internacional "Villa de Benasque" - 2008

O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta importante cita internacional onde rematou empatado no 9º lugar con 7,5 puntos nun evento que reuniu a perto de  40 G.Ms. e a máis de 500 xadrecistas de máis de 50 paises.

VER TODA A INFORMACIÓN

 

XVII Aberto Internacional de Xadrez  "Cidade das Burgas"  -  2008

Entre os días 3 e 11 de Xullo tivo lugar na Casa da Xuventude de Ourense a XVII edición deste clásico Aberto Internacional, que reuniu na nosa cidade a máis de 120 xadrecistas. O M.I. Cubano Isam Ortiz foi o vencedor desta edición, mentres que David Baltar foi o mellor ourensán clasificado con 6 puntos.

VER TODA A INFORMACIÓN

GALERÍA COMPLETA DE IMAXES

 

II Memorial Xosé Enrique Rodríguez Peña -  2008

Disputado no Auditorio de Ourense os días 3 e 4 de Xullo e coa participación de 6 seleccións, homenaxeouse un ano máis á figura de X.Henrique Rodríguez Peña. O título final por equipos acadouno a selección madrileña, rematando os ourensáns en 5º lugar.

VER TODA A INFORMACIÓN

 

IV Open Internacional Vilapouca de Aguiar, Domingo 22 de Xuño

¡41! xadrecistas ourensáns sobre un total de 188, participaron na 4ª edición desta importante cita disputada no pais veciño. Os Clubes Xadrez Ourense, Colectivo Stein e Xadrez Loureiro estiveron amplamente representados, salientar os títulos en S-16, S-12 e S-10 de Daniel López, Ignacio Cabanelas e Adrián Gómez, respectivamente, así como o 2º posto por equipos de Xadrez Ourense, e o cuarto lugar obtido por o conxunto do Colectivo Stein web do torneo

VER CLASIFICACIÓN XERAL

VER CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

VER CUADRO DE PREMIADOS

GALERIA IMAXES TORNEO

IMAXES PREMIADOS

 

Cto. de España Individual Sub-8 - Motril (Granada), 20 / 22 de Xuño

Os xovencísimos xadrecistas ourensáns Gabriel Roma (Xadrez Ourense), vixente campeón galego,e Miguel Puga (C. Xuventude), tomaron parte no Cto. de España sub-8 disputado en terras Granadinas. Completando ambos unha meritoria actuación, rematando empatados ó 6º posto e ó 21º, respectivamente.

VER CLASIFICACIÓNS

VER IMAXES

 

Iván Salgado Liderou a Selección Española no Europeo S-18

O Campeonato de Europa de Nacións Sub-18, disputado do 13 ó 21 de Xuño en Sgezed (Hungría), contou coa presencia do G.M. Ourensán, Iván Salgado,  no 1º taboleiro da selección Nacional. cumpliu as súas expectativas ELO, o resto do equipo estivo irregular, rematando España na 6ª plaza nunha cita que partía co nº 2 de ránking.

VER CLASIFICACIÓNS

 

II Copa Galicia de Xadrez Escolar - Colexio Maristas día 7 de Xuño

O Sábado día 7 de Xuño tivo lugar  a 2ª edición deste importante torneo que reuniu no centro Maristas de Ourense, a de 200 xadrecistas de toda Galicia e Portugal. O torneo é puntuable para o Circuito Galego Escolar 2008. Daniel López (S-16), Jorge Joao Ferreira (S-14), Lucas Abal (S-12), José Rivera (S-10) e Gabriel Roma (S-8) foron os vencedores das respectivas categorías.

BASES E PREMIOS

Clasificación S-8 / S-10

Clasificación S-12

Clasificación S-14 / S-16

IMAXES DO TORNEO

IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS

IMAXES - MOSAICO PARTICIPANTES

 

Gabriel Roma novo campeón Galego Individual da categoría sub-8

O xadrecista ourensán Gabriel Roma (Xadrez Ourense) proclamouse campeón galego individual sub-8 no cto. celebrado en Pontedeume (Coruña) os días 31 de Maio e 1 de Xuño. Gabriel viaxará ó próximo Nacional de Motril (Granada), os días 21 e 22 de Xuño. Salientar a actuación de Miguel Puga (C. Xuventude), empatado no 2º lugar.

GALERÍA DE IMAXES

CLASIFICACIÓN FINAL

 

Xadrez Ourense Campeón Galego Infantil por equipos 2008

O 24 e 25 de Maio tivo lugar en Lugo o Cto. Galego Infantil por Equipos. Xadrez Ourense finalizou campeón en cat. masculina mentres que o Centro  Antonio Failde rematou 3º en cat. feminina.

VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS

GALERÍA DE IMAXES

 

Martín Arellano Gañador do Aberto de Sta. Rita en cat. sub-12

21 xadrecistas ourensáns disputaron esta edición do Aberto de Sta. Rita en Vilagarcía o Sábado 24 de Maio. Hai que destacar a victoria de Martín Arellano en cat. Sub-12 e salientar o 5º lugar de Miguel Puga en Sub-10, así como o 5º lugar de Manuel García en Absolutos.

VER CLASIFICACIÓNS

VER GALERÍA DE IMAXES

 

XX  edición  do  Cto.  Escolar  "Peón de Ouro"  -   Mondariz  2008

17 ourensáns participaron nesta edición. Hai que salientar o 4º e 6º posto de Gabriel Roma e Miguel Puga en S-8, o 5º de Martín Arellano en S-12, o 5º de David Gómez en S-14 e o 5º de Daniel López en S-16.

VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS

GALERÍA DE IMAXES

 

O Liceo de Ourense rubrica seu ascenso no Play-off polo título

Tras rematar en 1º lugar dentro da 1ª división Sur, o Liceo Ourensán puxo broche de ouro a súa tempada, tras derrotar ó Campeón da 1ª Norte (O Círculo das Artes de Lugo), por 3,5 a 0,5. Esta edición foi disputada paralelamente ós play-off de Div. de Honra, o pasado 10 de Maio na localidade lucense de Monforte de Lemos.

 

10 Xadrecistas Ourensáns participaron no "VIII Concello da Guarda"

O pasado Sábado día 10 de Maio tivo lugar na localidade da Guarda un importante Torneo de semirrápidas por categorías onde tomaron parte ata 10 xadrecistas ourensáns. Destacando as actuacións de Gabriel Roma (Campeón Sub-8), Martín Arellano (2º Sub-12) e David Gómez (2º Sub-14)

VER CLASIFICACIÓNS

GALERÍA DE IMAXES

 

I FESTIVAL  INTERNACIONAL  DE  XADREZ   " OURENSE 2008 "

DEPORTE E CIENCIA PARA A XUVENTUDE

O Domingo 27 de Abril, tivo lugar en EXPOURENSE  a primeira edición deste evento que reuniu a 300 xóvenes xadrecistas, baixo a Dirección do Clube Xadrez Ourense, sendo ademáis o 1º Torneo do Circuito Galego Escolar - 2008. Miguel Senlle (Univ. de Vigo) en S-16, Samuel Cruz (X.Ourense) en S-14, Jaime Santos (Cast. León) en S-12, Alberto Portela (Karpov Pontevedra) en Sub-10 e Gabriel Roma (X.Ourense) en S-8 foron os gañadores. Tivo lugar ademáís unha Exhibición a cargo do G.M. Iván Salgado. Á Clausura asistiron numerosas personalidades para a entrega de  Premios e para o acto dos Sorteos.

VER  BASES E INFORMACIÓN

VER  PREMIOS